residente

Persoa que reside, que ten morada fixa nun lugar, en particular cando este non pertence ao seu país de orixe

Etimoloxía

Vocábulo que xorde do participio presente latino residens  “que se detén”.

Exemplos *

“Como apunta Eduard Masjuan referíndose a H. Grau, anarquista catalán colaborador de Salud y Fuerza e residente na Arxentina.” (Dionisio Pereira González e Eliseo Fernández: O darwinismo e Galicia, 2009)

“A regulación dos investimentos compleméntase coa non discriminación dos non residentes para beneficiarse das axudas estatais e a reducción de porcentaxes de nacionalización no aprovisionamento.” (Xoaquín Fernández Leiceaga: Capital estranxeiro e industrialización en Galicia, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.