resistencia

Acción de resistir ou resistirse

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do latín tardío resistentia que ten o mesmo significado.

Exemplos *

“Unha cultura que non dialoga con outras está xogando na trincheira, na resistencia ou no complexo da resistencia.” (Belén Puñal: Sermos Galiza, 30-10-2014)

“A mostra péchase cun panel onde se pode ler: "A resistencia, a solidariedade, a democracia, a liberdade e o descubrimento do outro".” (Diego E. Barros: Luzes, 12-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.