Nivel de nitidez dunha imaxe
Etimoloxía
Termo que chega do latín resolutio, -ōnis ‘eliminación dun nó’.
Exemplos *
“Valéndome da alta resolución da miña pantalla, e ampliando ao máximo a fotografía, puiden intuír boa parte daquelas inscricións.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
“Estamos ante unha ferramenta de grande utilidade para os profesionais do vídeo, xa que incorpora numerosos axustes, como poder escoller o formato de gravación (resolución, velocidade de fotogramas, codificación de cor, codecs...), controlar a exposición e a velocidade de obturación, axustar o balance de brancos, axustar o zoom con precisión, bloquear a orientación, activar un asistente de enfoque, activar a estabilización...” (Marcus Fernández : Código Cero, 21-6-2024)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.