respecto

Actitude ou sentimento que fai que sexa tratada con consideración unha persoa ou cousa

Etimoloxía

Palabra derivada da latina respectus ‘consideración’ ou ‘respecto’

Exemplos *

“Sentía como un respecto polo seu pai, que lle privaba de comunicar se con el.” (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan, 2012)

“O certo era que o rapaz acabara gañando o respecto dos outros nenos.” (Francisco Xabier Iglesias López: O soño do falcón, 2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.