Oración que se fai polos defuntos.
Etimoloxía
Tomouse do latín responsum, -i 'resposta'.
Exemplos *
"Arroupado polos seus fregueses, don Marcelino caeu de xeonllos con eles e rezou un responso." (Carlos Casares: O galo de Antioquía)
"… o seu interlocutor situouse fronte ó altar e comezou a botar un responso polas ánimas do purgatorio …" (Luís Manuel García Mañá: O lume de santo Antón)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.