restablecer

Poñer unha cousa no estado que antes tiña.

Etimoloxía

Creado sobre o verbo establecer, que vén do latín vulgar *stabiliscere, a partir do clásico stabilire 'facer firme ou establecer'.

Exemplos *

"… tamén se tratou de reconstruír a propia tradición literaria das mulleres en cada cultura, para así restablecer a súa memoria perdida …" (Carmen Blanco: O contradiscurso das mulleres)

"… para restablecer as perdas que o seu tío e antecesor tivera nas guerras que mantivo nas fronteiras do vasto imperio, non quedaba máis remedio que diminuír os gastos …" (Francisco A. Vidal: A derradeira decisión)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.