restinga

Lingua de area ou rocas que se encontra debaixo da auga a pouca profundidade.

Etimoloxía

Apúntase como probable que proveña da expresión inglesa rock string ‘cadea de rochas’.

Exemplos *

"No intre de me botar a camiñar decateime de sutaque de que a marea xa debía cubrir a restinga a aquela hora." (Carlos Durán: Catro narracións)

"O caso é que ó abrir o día, abriu tamén o casco ó bater no baixo do Lucín, entre as Baleas de Tosto e a restinga do Boi." (Xesús Franco González: Matalote)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.