restreba

Terreo que queda cuberto de canas de cereal despois da sega / Couces das canas de cereal que quedan presas á terra despois da sega

Etimoloxía

Palabra que procede do latín vulgar *restipam ‘restrollo’.

Exemplos *

“Entre a vendima e a castañeira volvíanse pesados os labores e os días: decrúa da restreba, sementeira da ferraia, recolleita do millo, esterca con toxo e pólas das gabias de cepas cando decembraba e un saco á cabeza (xa non se usaba a coroza) non te libraba da molladura...” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde, 2011)

“Pasou pola cabeceira dos zarros da Fonte Grande, baixou polas Campelas -cheas de bos pastos- e atravesou as restrebas das Rozas. No rego que pasa a carón da igrexa de San Bartolomeu lavou a ferida da cabeza e logo seguiu para a súa casa.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.