Castaña que se desprende por si soa do ourizo.
Etimoloxía
Parece ser que garda relación co termo latino stillare que significaba 'caer pinga a pinga', como estes froitos cando caen.
Exemplos *
"Se o tempo era de outono repartía con nós, os rapaces, noces e castañas, que collía de restrelo." (Celsa G. Hermida "Viñoa": Anacos)
"Primeiro cóllense as do restrelo e despois as outras." (Vicente Risco: Estudo etnográfico da terra de Melide)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.