Cada un dos anacos que quedan dunha cousa despois de cortala
Etimoloxía
Voz que nos leva ao verbo “retallar” que, á súa vez, se crea sobre a voz “tallar” que procede do latín vulgar taleāre 'cortar'.
Exemplos *
“Unha colcha vella e moi gastada, dos seus anos de infancia, feita con retallos de teas de diferentes debuxos e cores.” (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto, 1998)
“Co seu caravel de vimbio baixo o brazo percorría as casas do lugar na procura de retallos vellos para facer traxes de coidada feitura. Daba xenio vé-la medir, cortar, coser e bordar fantasías con fíos de cores.” (Rosa Aneiros: Corazóns amolecidos en salitre, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


