retención

Acción e efecto de reter.

Etimoloxía

Derivado do termo latino retentio, –onis 'acción de reter' ou 'de paralizar'.

Exemplos *

"Pasados dous anos da retención, a súa dona e a filla maior conseguiron un permiso para acceder onde estaba detido." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

"Foi cofundador do Hospital Lucinda Guimaraes, que pecharon por uso de substancias indebidas e por retención ilegal de enfermos." (Aníbal C. Malvar: Un home que xaceu aquí)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.