Volver tomar, continuar algo que se interrompera.
Etimoloxía
Creouse sobre o verbo tomar, do cal non se ten moi clara a súa procedencia.
Exemplos *
"Preso da febre, que a pesar das doses de quinina administradas polo Tucho, parecía retomar novas forzas coa caída da tarde …" (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema)
"… preferín revivir os idilios antigos, retomar o conxunto de labios e corpos que se abrazaron ante min sobre un libro, que arriscarme a vivir, pola miña conta, un idilio de agora." (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.