retornar

Ir de novo ao lugar de onde se partiu ou onde se estivo antes ou a unha situación ou estado anterior.

Etimoloxía

Termo formado sobre a palabra tornar, que procede do latín tornare 'xirar ao redor do torno'.

Exemplos *

"… abandonan as cidades onde viven e traballan por un período de tempo para retornar aos lugares dos que saíron, recuperando a súa vella identidade …" (Xosé Manuel González Reboredo: A parroquia en Galicia)

"… soñando albiscar aquela face viva trazada por un pelo longo negro aparecer por esa porta, sorrirme e collerme da man para retornar ao descanso." (Antón Dobao: Incertos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.