Acción e efecto de retransmitir
Etimoloxía
Palabra creada sobre “transmisión” que bebe do equivalente latino transmissio ‘pasaxe’ ou ‘traxecto’.
Exemplos *
“(...) tomas da sede do Radio Club Portugués e da súa potente antena, así como dos famosos locutores María Isabel de la Torre de Colomina e de Jorge Pereira Alves, que, sorrindo, finxen unha retransmisión radiofónica en pé ante o micrófono.” (Alberto Pena: Cinema e guerra civil. Novos achados. Aproximacións analíticas e historiográficas, 2009)
“Os atletas que destacan nas diferentes especialidades son idolatrados durante a vida deportiva e milleiros de siareiros acuden a animalos aos estadios ou os seguen a través dos medios de comunicación, ben mediante as retransmisións televisivas ou radiofónicas, ou ben a posteriori nos medios impresos. ” (X. R. Couñago: A Peneira, 4-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.