Facer o retrato de alguén
Etimoloxía
Termo que procede do latín retractāre 'retocar, revisar', 'corrixir'.
Exemplos *
“Nós pensabamos que os vestidos de folclórica, as peitas, a xoiería de fantasía de baquelita tan trasnoitada viñan do seu oficio de fotógrafo de nenos. Pensabamos que a maquillaxe era para representar as escenas que logo fotografaba no seu estudio da rúa Sixta, o máis importante á hora de retratar a xente ben da cidade.” (Emma Pedreira: Bibliópatas e fobólogos, 2019)
“Eu ía coa idea de retratar as diferenzas coas paisaxes de aquí, porque alí hainas que parecen doutro planeta e outras que non tanto. Impactoume a desolación; podes percorrer quilómetros sen atopar máis vida que a vexetal.” (Diego de Cora: De Luns a Venres [entrevista], 25-01-2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.