retrato

Debuxo, figura, fotografía etc., que representa a imaxe, con máis ou menos detalle, dunha persoa ou grupo de persoas da realidade

Etimoloxía

Préstamo que chega a través do italiano ritratto co significado de 'imaxe ou figura humana que ten semellanza cunha cousa ou con unha persoa'.

Exemplos *

“(...) a forte tendencia antropocéntrica da cultura occidental fixo que o retrato se consolidase como xénero moito antes ca a paisaxe (...)” (María López Sández: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio, 2008)

“A través da vida dun home que está en liberdade condicional, a película achega o retrato da parte escura dunha sociedade industrializada.” (Luís Álvarez Pousa: Tempos Novos, 10-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.