Cantidade retribuída
Etimoloxía
Do latín retributio que significaba ‘recompensa’ que deriva do verbo retribuere ‘dar a cambio’.
Exemplos *
“Dixo que melloraría a retribución do profesorado, mais rebaixou os salarios un 15% e, agachando as orellas perante Madrid, retiroulles a paga extra do mes de decembro.” (Beti Vázquez: Sermos Galiza, 09-07-2012)
“Os responsables dos proxectos que se poñan en marcha recibirán unha retribución pola explotación publicitaria do sistema, que será xestionada directamente por R.” (I.O: O Correo Galego, 12-09-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.