retrinco

Cada un dos anacos que sobran dunha cousa despois de cortala, en especial dunha tea cando se vai confeccionar unha peza de roupa

Etimoloxía

Palabra que remite ao verbo "retrincar" que, á súa vez, lévanos a "trincar" que vén do occitano trencar de significado semellante.

Exemplos *

“Tamén atopo na valume de papeis vellos moitos retrincos esquecidos do meu pensamento, que recollo, amoroso, coma se fosen recordos dun irmanciño morto.” (Daniel Rodríguez Castelao: Retrincos, 1934)

“Mónica introduciuse no edificio devagar e sorteou os anacos de vidro sementados polo chan. Os retrincos do desaparecido rosetón escintilaban e proxectaban os seus lampos no teito.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.