revelar

Tratar as emulsións fotográficas previamente impresionadas nun instrumento óptico nun baño dun líquido apropiado que converte en visibles as imaxes latentes

Etimoloxía

Vocábulo que nos chega desde o latín revelāre 'dar a ver’, ‘quitar o veo’.

Exemplos *

“A música compracíaa pero non tanto como a lectura ou facer e revelar fotos. Lucía quixera atraela ao mundo da música pero non o conseguira.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

“Libros, moitos libros. Grandes espellos e cadros interesantes. E o cuarto escuro para revelar fotografías.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.