revellido, -a

Que presenta un estado de degradación ou deterioración propios do que é moi vello

Etimoloxía

Palabra derivada que ten como base de formación o adxectivo “vello” que procede do latín vetulus, diminutivo de vetus ‘vello’.

Exemplos *

“A pesar dos anos Amador seguía tendo o mesmo aspecto. Andaba mal afeitado e coma sempre levaba posto o revellido chaquetón militar e botas ata os xeonllos.” (F.X. Fernández Naval: O bosque das antas, 1990)

“Tantas voltas por entre estas paredes revellidas, que caen de vello baixo o trafego das formigas, para formular esta pregunta. Que fas aí, Suso, chocando aínda nese ovo? A ver, veña!, procúralle xa un final, Suso, Susiño, Susón.” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.