revello, -a

Persoa nova que manifesta características típicas das persoas maiores e impropias da súa idade.

Etimoloxía

Sobre o adxectivo vello, -a aplícase o prefixo re- para dar a idea de quen se fai vello de máis ou vello sen selo.

Exemplos *

"Este neno conta contos coa paciencia dun revello." (Ramiro Fonte Crespo: A rocha dos proscritos)

"Christina, con esa afección súa a escribir, que de todos é sabido que volve ás mulleres revellas e resabidas, tiña unha idade máis ca avanzada." (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.