rexedora, -or

Persoa que rexe, que goberna, que guía ou dirixe

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre o verbo “rexer” que vén do latín regere ‘dirixir’.

Exemplos *

“Referiuse tamén ós primeiros represaliados que foron os dirixentes sindicais e os alcaldes, entre os que destacou a única alcaldesa represaliada de Galicia que foi María Gómez, rexedora da Cañiza (Pontevedra), xulgada, condenada a pena morte conmutada a cadea perpetua que cumpriu en varias prisións.” (Rosa Veiga: Galicia Hoxe, 20-4-2009)

“As rexedoras de Ramirás e San Cibrao das Viñas forman parte do grupo de 69 primeiros edís elixidos tal día coma hoxe de hai 30 anos.” (Adaya Ortega: Galicia Hoxe, 2-4-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.