réxime

Conxunto de normas relativas á calidade e á cantidade dos alimentos, ao modo de vida, á hixiene etc., dunha persoa.

Etimoloxía

Procede do latín regimen –inis ‘goberno’.

Exemplos *

“Tratamos xente que engordou tres ou catro quilos e outra que xa estivo a réxime e, ao deixalo durante o Nadal, recuperou o peso perdido, podendo chegar a gañar ata seis quilos” (Ana Conde: De Luns a Venres 14-01-2013)

“… o vello comezou a andar nos médicos, a sentirse mal, a facer réxime, a empeorar o seu humor e o seu carácter …” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.