rexo, -a

Que goza de boa saúde, que se conserva ben.

Etimoloxía

Procede do latín rigidus, -a, -um 'duro, especialmente por causa do frío'.

Exemplos *

"Baixaba por ela Rodrigo, home de idade imprecisa, entre os corenta e os cincuenta anos, aínda áxil e rexo." (Cándido Pazó: Binomio de Newton)

"… aquel home rexo con cara de tartaruga e que probablemente conservaba nas súas costas de quelonio mensaxes cifradas para compreder as súas novelas, para debullar ata o máximo a simboloxía das parábolas que contaba …" (Xavier Queipo: Papaventos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.