Falar mal de alguén ou dalgunha cousa, dicir cousas que prexudiquen a boa reputación daquel ou daquilo do que se fala
Etimoloxía
Creación de orixe escura.
Exemplos *
“As chaponas rexoubaron entre elas ó verme entrar.” (Ledicia Costas: Unha estrela no vento, 2000)
“Pantasma si, dille ela sempre a Carmen Sálvora, pero pantasma informada, que tampouco vai ser todo rexoubar sobre un mundo que xa pasou.” (Inma López Silva: Concubinas, 2002)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.