rexurdimento

Proceso de recuperación da lingua e da cultura galegas iniciado na segunda metade do século XIX.

Etimoloxía

A palabra deriva do verbo rexurdir formado sobre xurdir que procede do termo latino surgere 'erguer'.

Exemplos *

"O provincialismo _desterrados ou exiliados os seus líderes_, refúxiase, como será constante histórica tralo fracaso político, nas catacumbas da cultura dando orixe, nesta segunda fase, ó Rexurdimento ou renacemento cultural e literario." (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)

"Dalgúns destes talleres saíron varias das obras máis importantes do noso Rexurdimento cultural" (María Dolores Cabrera: Editar en Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.