rianxeira

De Rianxo ou dos seus habitantes.

Etimoloxía

Creación sobre o topónimo Rianxo que procede da locución latina rivus angulus 'río con revoltas'.

Exemplos *

"Un home nun cuarto dun apartamento nun barrio de Londres escoitando a Rianxeira na harmónica por teléfono." (Suso de Toro: Calzados Lola)

"E todos xuntos entoaron as notas que devagar lían nos seus folios engurrados, repletos de símbolos tal que lagartos, arumes, rianxeiras e beizóns de licor café." (Moncho Iglesias Míguez: Tempos Novos 20-9-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.