ribada

Terreo moi pendente, case vertical, que serve de límite a camiños, leiras etc.

Etimoloxía

A súa orixe remóntase ao latín ripa –ae ‘ribeira’.

Exemplos *

“Os cabalos fartos de monte saían ás ribadas do camiño sen molestarse pola miña presenza e batían as patas contra o sábrego gordo que vai xurdindo co bater das zocas de tantos romeiros como por alí teñen pasado choutando nas pedras.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal)

“… calellas sen saída que morrían ó pé das ribadas da nova vía.” (Santiago Lamas Crego: Galicia borrosa)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí