Viño producido na comarca do Ribeiro
Etimoloxía
Termo que se toma da denominación da comarca O Ribeiro.
Exemplos *
“Despois disto, a mañá era súa e agardou no café Español polos poetas locais para tomar as cuncas polo Franco. Durmiu unha boa sesta para repoñerse do cansazo da viaxe e do moito ribeiro que metera no corpo.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela), 2014)
“Houbo troula regada co ribeiro e carne de porco e vitela. Despois alguén propuxo ir á feira que había na vila onde facían un curro de cabalos, e alá fomos.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz / Un eido ateigado de millo, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.