rigodón

Danza moi viva e alegre de orixe provenzal que estivo en voga nos séculos XVII e XVIII

Etimoloxía

Adaptación do termo de orixe francés rigodon que ten orixe incerta.

Exemplos *

“Os pretendentes encontraban unha oportunidade propicia para achegarse ás señoritas que lles gustaban anotando as súas peticións nos seus carnés de baile. Dominar a arte da danza, o valse e o rigodón, era unha habilidade tan aprezada como ter bos modais ou saber estar en sociedade.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, 2007)

“Tiña a habilidade de facer saltar os sombreiros coa punta do zapato e por querer imitala, outras mozas romperon dentes e fociños. Cando bailaba o rigodón, envolvida nun turbillón de plisados, puntillas e encaixes, aquela muller vulgar transfigurábase e Lautrec vía nela a encarnación da vida.” (Pedro García Luaces: Luzes, 12-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.