riqueza

Abudancia de bens, materiais ou non materiais.

Etimoloxía

Derivouse a partir de rico, procedente dun étimo gótico reiks 'poderoso'.

Exemplos *

"Para os autores, "a riqueza do vocabulario nas novelas de Christie declina coa súa idade no momento da composición"." (Galicia Hoxe 05-04-2009)

"O xurado valorou a profundidade psicolóxica dos personaxes, a plasticidade e realismo das descricións xeográficas, o coidado estilo e riqueza lingüística, o verismo dos diálogos, a estrutura e progresión narrativa …" (Fernando Blanco: Galicia Hoxe 06-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.