risa

Acción de rir, especialmente a súa manifestación sonora

Etimoloxía

Voz que nos leva ao latín risus de significado semellante.

Exemplos *

“Avezado mariñeiro, sempre riseiro, e quen de mesturar o serio coa risa, facendo brillar aquel dente de ouro baixo o fino bigote lixeiramente amarelento polo efecto da nicotina que o delataba como un empedernido fumador.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)

“Camiña silandeira pola casa. Os cuartos deshabitados conservan a memoria dos ausentes. As voces, as risas, as palabras, os olores retornan nun momento e as emocións abrollan coma ríos que nunca estiñan.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.