risoño, -a

Que ri ou sorrí con facilidade, que amosa habitualmente alegría no seu rostro

Etimoloxía

Voz que se crea por derivación sobre “risa”, esta vén da latina risu, derivada de ridere ‘rir’.

Exemplos *

“Aurora tiña nome e case era accesíbel. Filla dun modesto reloxeiro, a súa nai era ama de casa, unha muller morena de escuros ollos vivos risoños e cuns pómulos que declaraban a orixe da exótica face de Aurora chantada dentro de Nito.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Así que ve o rostro risoño de dona Maior, baixa a cabeza a xeito de sorprendida reverencia.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.