ritual

Conxunto das normas que regulan unha cerimonia non relixiosa, un acto solemne, e as accións ou prácticas que se realizan de acordo cun protocolo fixo

Etimoloxía

Voz que procede da latina ritualem de significado semellante.

Exemplos *

“Nalgunhas zonas de Galicia tamén se fala da Noite das Meigas, de aí que os máis supersticiosos busquen purificar a alma e botar o meigallo con múltiples rituais.” (Redacción: GCiencia, xornalismo e divulgación, 21-6-2023)

“Aínda que a Igrexa católica tentou cristianizar a festividade ao asociala co nacemento de San Xoán Bautista, moitos dos rituais e crenzas pagás perduraron ata os nosos días.” (Elena G. Fdz.: Galicia Confidencial, 23-4-2024)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.