robaliza

Peixe mariño da orde dos perciformes, de corpo alongado, cor gris prateada, máis escura no lombo, con dúas aletas dorsais, moi voraz e de carne moi apreciada, que pode chegar a medir un metro e a pesar doce quilos

Etimoloxía

Creación sobre “róbalo” e este pode proceder dun antigo *lobarro que se relaciona co latín lupus, ‘lobo’.

Exemplos *

"Prepararíalle unha robaliza ao sal, que é a súa especialidade.” (Manuel Portas: Denso recendo e salgado, 2010)

“Pero o señor Antonio Petapouco percorre, desde o seu asento preferido, mentres chucha as espiñas da posta do rabo dunha robaliza fritida deitada enriba dun anaco de pantrigo e tose, os camiños do canal.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.