Pau delgado cun extremo convexo onde se enrola a la, o liño etc., que se vai fiar.
Etimoloxía
Non está clara a orixe desta forma, para a que se propón un étimo xermánico *rokko.
Exemplos *
“A muller fiaba no cuarto, o home durmía e as patacas desaparecían. Unha noite o home disfrazouse coa roupa da muller, colleu o fuso e a roca e púxose a fiar na cociña.” (Xoán R. Cuba Rodríguez, A. Reigosa e X. Miranda: Diccionario dos seres míticos galegos)
“O neno guiábao por un corredor, e abría a porta dun cuarto de onde saía moito fume. Tras do fume aparecía unha muller fiando nunha roca, pero os pés da muller eran de pau.” (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.