Pedra de gran tamaño que sobresae na terra ou no mar
Etimoloxía
Palabra que bebe no latín vulgar *rocca, inda que se intúe que podería ter unha orixe prerromana.
Exemplos *
“NON me conteño, // non me conteño e abato // os cormoráns contra das rochas.” (Xela Arias: Intempériome, 2003)
“Entre 1756 e 1759, o enxeñeiro John Smeaton construiría o terceiro faro de Eddystone. Foi o primeiro faro de pedra ergueito sobre unha rocha illada no medio do mar.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


