Baile moi rítmico baseado na música popular que xurdiu en Norteamérica nos anos cincuenta, de ritmo moi marcado, na cal se fai un emprego sistemático da guitarra eléctrica e da batería.
Etimoloxía
O nome tomouse directamente do inglés, onde a expresión era utilizada polos mariñeiros para referirse ao balanceo dos barcos.
Exemplos *
"Eles soíños racharon aquel tabú escuro, provinciano, de que o galego non servía para o rock & roll." (Galicia Internacional 09-1995)
"Agora tocan salsa, logo un pasodobre, despois un rock and roll para rematar cunha tenra balada." (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.