Estilo artístico que xorde en Francia no século XVIII, baixo o reinado de Luís XV, como un Barroco tardío caracterizado pola fantasía de liñas, o exceso de curvas e a profusión de elementos decorativos que buscaban unha elegancia requintada
Etimoloxía
Palabra tomada do francés onde era un vocábulo da xerga dos artistas a partir rocaille co que se pretendía facer mofa do estilo creado.
Exemplos *
“A linguaxe decorativa utilizada na Casa do Concello de Pontevedra é propia da arquitectura francesa da primeira metade do século XVIII, o denominado estilo " Luís XV ", o rococó francés.” (José Ramón Soraluce Blond: Guía da arquitectura galega. Linguaxes e mensaxes, 1999)
“A pedra galega érguese e organízase en grandes fachadas, cérrase en cúpulas, prégase ó neoclásico, ó barroco, ó rococó ; e un intre o candor das primorosas e inspiradas construcións románicas cede ante a espléndida exaltación monumental.” (Parlamento de Galicia: Bases do concurso de anteproxectos para a adaptación do Cuartel do Hórreo para sede do Parlamento de Galicia, 1987)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.