Xogo de nenos que consiste en formar unha circunferencia collidos das mans e dar voltas arredor.
Etimoloxía
Evolucionou a partir do latín rota.
Exemplos *
"A estampa das rapazas aprendizas xogando á roda, no tempo do recreo, aínda non se borrou da retina de moitos camariñáns." (Xosé Luís Blanco Campaña: Camariñas terra de palilleiras)
"Imaxínote nun parque con amigas, xogando á roda ó son dalgún romance antigo e ben tristeiro, brincando á corda, ó truco, daquela cun gran nó branco no teu cabelo loiro coma unha inmensa bolboreta que se pousase nel e que xa non se quixese ir." (Antón Risco: Tánata)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


