rodaballo

Peixe mariño da superorde dos teleósteos, de corpo aplanado case circular, sen escamas e cuberto de tubérculos óseos, ollos no lado esquerdo da cabeza e cor xeralmente castaña agrisada ou verdosa con puntos amarelos ou negros por arriba e abrancazado por abaixo.

Etimoloxía

Pénsase que vén do céltico *rotoballos que quere dicir “de corpo redondo”.

Exemplos *

"Neste momento estamos preparando unha conserva de rodaballo, e xa temos preparado un rodaballo afumado.” (Autores Varios: Cooperativismo e economía social, 1990)

“Con rodaballo realizouse a primeira experiencia de cultivo en gaiolas de fondo, cuxo deseño era similar ás de flote, pero sen flotadores e con rede nas súas seis caras.” (Fernando Nieto Cortijo: Acuicultura multitrófica integrada. Unha alternativa sustentable e de futuro para os cultivos mariños en Galicia / Peixes e algas, 2012).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.