rododendro

Arbusto perenne da familia das ericáceas de follas coriáceas alternas nos extremos das pólas, moi cultivado en xardín polas fermosas flores de diversas cores, dispostas en grupo nos extremos das pólas e do que existen varias especies.

Etimoloxía

Desde o latín rhododendron, -dri e este do grego rhodódendron que significa 'árbore de rosas'.

Exemplos *

"…Estaba a conducir lentamente pola pequena avenida, flanqueada de acacias e rododendros, cando se decatou." (Xosé Ramón Pena: Paixóns privadas)

"Sobre un cotarelo, fronte ao vello Ponto Euxino, flutuaba entre mazos de xeranios, de rododendros, de azaleas, unha casa branca." (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.