rododendro

Arbusto perenne da familia das ericáceas, de follas coriáceas alternas nos extremos das pólas, moi cultivado en xardíns polas fermosas flores de diversas cores, dispostas en grupo nos extremos das pólas e do que existen varias especies.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín, pero a súa orixe está no grego rhododendron, que designaba unha planta de aspecto similar a esta.

Exemplos *

"… Estaba a conducir lentamente pola pequena avenida, flanqueada de acacias e rododendros, cando se decatou." (Xosé Ramón Pena: Paixóns privadas)

"Unha bonita casa con moito, moito céspede, e árbores de flores, camelias, rododendros …" (Manuel Rivas: Os comedores de patacas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.