roibén

Luz radiante en tons vermellos que tinxe as nubes no horizonte ao abrir o día ou ao atardecer, cando lles dá o sol

Etimoloxía

Vocábulo relacionado con “roibo” que ten a súa orixe no latín rubeo que significa ‘vermello’

Exemplos *

“O sol xa nos deixara e, tras el, as súas pegadas de roibén estomballábanse con indolencia nun horizonte que se estendía máis alá do tellado.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)

“Atravesaron o Miño, subiron a ribeira chantadina, aceleraron polas rectas que enfilaban cara ó Faro, coroado aínda coa roibén do crepúsculo, e lanzáronse costa abaixo ata un Rodeiro resplandecente pola sobexa luz que amosaba a rúa principal.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.