rol

Papel que debe interpretar cada actor dunha obra de teatro, cine, serie de televisión etc.

Etimoloxía

Procede do termo francés rôle ‘pergamiño escrito enrolado’.

Exemplos *

“Aquela rapaza da Coruña que se converteu en mito do cine e teatro franceses interpretou ós catorce anos unha obriña de Benavente onde desempeñou un rol de anciá que tiña que estar encurvada todo o tempo.” (Luís Menéndez Villalba: Toda a terra é dos homes. Galegos no mundo, 1993)

“Nembargantes, ti fixeches moi ben os roles do Xacinto e do Xosé , es moi boa actriz.” (Antón Risco: Tres situacións elementais, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.