rol

Función que lle corresponde a alguén nunha determinada situación

Etimoloxía

Préstamo do francés rôle que remite ao latín rotulu ‘cilindro’.

Exemplos *

“Só fai falla poñerse un par de semanas na porta dun colexio para entender ata que punto somos responsábeis de perpetuar a distribución de roles tan sexistas. Un neno quere ir (no Entroido!) coas unllas pintadas e o seu pai dille que nin de carallada.” (Inma López Silva: Chámame señora, pero trátame coma un señor, 2018)

“Que facemos hoxe en día con estes roles de xénero? Son parte da tradición e polo tanto están xustificados? Ou quizais o baile, de maneira natural, evoluciona á par dos tempos e, desta maneira, non ten sentido seguir recreando unha foto fixa?” (Uxía Iglesias: Galicia Confidencial, 21-8-2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.