Berce construído de xeito que abanee con facilidade
Etimoloxía
Podería estar relacionado co latín rotulus ‘rolo’ ou ‘cilindro’.
Exemplos *
“Ben mirado, eses feitos que non só recordo senón que conformaron a miña maneira de percibir a realidade, eran o saúdo e a despedida diarios, ó saír e entrar no sono, a unha Conciencia que sobre nós vixiaba coma a mai sobre o rolo do neno, unha Conciencia amistosa.” (Xosé Alvilares: Memorial de agravios, 1992)
“Regresaban os paxaros; e nai coidaba o neno entre as sabas de liño, que o acompañaban no rolo e no queipo.” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.