románico

Estilo artístico desenvolvido en Europa durante os séculos XI, XII e parte do XIII caracterizado polo emprego do arco de medio punto e a bóveda de canón

Etimoloxía

Procede do adxectivo latino romanicus, -a, -um ‘de Roma’.

Exemplos *

“A ermida pertence ao románico tardío. Bonita e sinxela, exposta a todos os ventos, parece coma se dun momento a outro se fose deixar caer por sorpresa no mar.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“Aínda así se nos preocupa o que pase no edificio máis emblemático do románico galego, moito máis nos preocupa o que está a pasar co románico rural.” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 13-7-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.