romanización

Acción e efecto de romanizar ou romanizarse

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o topónimo Roma que bebe do latino Roma ‘Roma, capital do Lacio’.

Exemplos *

“Lugo nace na historia a partir da romanización, da que a muralla da cidade dá boa conta.” (Pilar Pousada: O Correo Galego, 17-5-1999)

“Outro enclave romano importante foi Vicus, o actual Vigo, cuxa romanización comezou pronto no século II a.C. debido á súa importancia estratéxica no litoral e ás súas actividades comerciais e fabrís ( salgadura ).” (Anxo Serafín Porto Ucha e Raquel Vázquez Ramil: Novas do Eixo Atlántico, 2-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí