Movemento literario e artístico que se desenvolveu en moitos países europeos, fundamentalmente durante a primeira metade do século XIX, caracterizado polo gusto da liberdade e do individual e polo predominio do sentimento e do soño sobre a razón, opoñéndose así aos que exaltaban a época clásica.
Etimoloxía
Termo que xorde do adxectivo romántico que nos chega do termo inglés romantic e este do francés romantique que está vencellado, á súa vez, coa denominación 'novela'.
Exemplos *
"Galicia, desposuída durante tantos séculos da súa propia identidade, volve a atoparse consigo mesma da man do Romanticismo," (Argimiro Rojo Salgado: O galeguismo a través dos seus Textos e Documentos Políticos)
"E Murguía vai inventar a Historia de Galicia apoiándose en conceptos como raza, lingua, tradición, terra, conceptos todos eles a medio camiño entre o idealismo e o romanticismo." (O Correo Galego 20-12-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.